Presentación

Esta agrupación é o resultado da amizade entre os seus compoñentes, todos eles vencellados a distintas agrupación corais galegas (Collegium Compostellanum, Madrigalia, Coro da orquestra Sinfónica de Galicia, Orfeón Terra a Nosa, etc.). No ano 1992 comezou a súa andaina co único pretexto de alegrar coa súa música as diversas celebracións de amigos e familiares, pero co tempo, esta actividade que para eles segue sendo un divertimento, converteuse nun labor recoñecido e revalorizado, xa que o grupo comezou a ser solicitado a cotío por todo tipo de actos, sociais, relixiosos, civís e mesmo didácticos, así como numerosos concertos. A súa sona levounos a ser solicitados para participar en diferentes celebracións de fora das fronteiras galegas. O seu repertorio, que amosa unha grande inquedanza pola permanente busca de novas pezas, abrangue todos os estilos dende o Medievo ata os nosos