PRESENTACIÓN

Esta agrupación é o resultado da amizade entre os seus compoñentes, todos eles vencellados a distintas agrupación corais galegas (Collegium Compostellanum, Madrigalia, Coro da Orquestra Sinfónica de Galicia, Orfeón Terra a Nosa, etc.). No ano 1992 comezou a súa andaina co único pretexto de alegrar coa súa música as diversas celebracións de amigos e familiares, pero co tempo, esta actividade que para eles segue sendo un divertimento, converteuse nun labor recoñecido e revalorizado, xa que o grupo comezou a ser solicitado a cotío por todo tipo de actos, sociais, relixiosos, civís e mesmo didácticos, así como numerosos concertos. A súa sona levounos a ser solicitados para participar en diferentes celebracións de fora das fronteiras galegas. O seu repertorio, que amosa unha grande inquedanza pola permanente busca de novas pezas, abrangue todos os estilos dende o Medievo ata os nosos días.
Netes últimos anos o grupo ven colaborando con distintas ONGs da cidade, coma Manos Unidas, a Cociña Económica, Voluntarias de la Caridad de San Vicente de Paul ou o Albergue de San Francisco, ofrecendo concertos de balde co obxectivo de recadar fondos para as mesmas que aporten un chisco de axuda aos máis desprotexidos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s